Saída á Coruña

Os nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria fixemos unha viaxe moi interesante ata á Coruña onde puidemos disfrutar das marabillas mariñas do Aquarium Finisterrae e do museo da Casa do Home. Entre as diferentes variedades de animais mariños puidemos descubrir entre outros ao simpático mero Baldomero, ao tiburón Gastón e á súa compañeira Angie. Sabiades que a medusa “de caixa” ou “vespa de mar” é o animal máis velenoso do planeta? Os nenos de 1º aproveitamos tamén a visita para comezar a adentrarnos no mundo dos animais para o proxecto que estamos a comezar. Na Casa do Home descubrimos aspectos sobre a evolución do ser humano nas distintas épocas e xogos relacionados, entre outras cousas.

Disfrutamos moito durante todo o día nunha xornada na que a meteoroloxía tamén estivo da nosa parte.

Xincana de Alcor

Esta semana foi moi entretida en Alcor, as monitoras montaron unha xincana moi divertida que fixemos en grupos, tiñamos que pasar un motón de probas ata acadalas todas para conseguir o tan desexado premio. En Alcor sempre buscamos traballar a cooperación e a solidariedade e que mellor maneira que este tipo de actividades todos xuntos!

Os alumnos como mestres!

Para o tema da “Reproducción” en “Natural Science” cambiamos os papeis e foron os propios alumnos os que deron a clase, por un día volvéronse mestres e prepararon todo o material necesario para levar a cabo a súa clase: diapositivas, vídeos, cartulinas explicativas. maquetas etc… tivemos que loitar contra os bloqueos, os nervios, quedarse as veces en branco etc… poñerse no lugar dos mestres failles valorar a dificultade deste traballo. Os exames moitas veces non demostran realmente o que un sabe, pero se consegues explicar aos outros un tema iso quere dicir que o tes dominado!

16107340_365446743829632_1103040816213082241_o